Saturday 18 de May de 2024

Política Social salienta o papel do envellecemento activo para mellorar a calidade de vida das persoas de vida de máis idade


 

O director xeral de Maiores e persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, participou hoxe no Palacio de exposicións e congresos da Coruña (Palexco) no IV Forum Ries2019 do Cluster de Saúde de Galicia (CSG) no que se tratou a importancia do envellecemento activo para mellorar a calidade de vida das persoas de máis idade.

O director xeral indicou que, entre outras actuacións, a Xunta procura que as galegas e galegos de máis idade teñan ao seu alcance alternativas de ocio e formación que respondan ás súas expectativas. Tamén defendeu que os maiores continúen a participar de maneira activa en todos os ámbitos da sociedade.